Como podo facer para comprar anticonceptivos?
Son menor de idade teño 14 anos e xa tiven relacións sexuais varias veces co meu mozo. Sempre usamos condón pero o outro día tivemos sexo sen condón e preocúpame o de quedar embarazada pero non creo que pase, bueno que me gustou mais facelo sen condón.
23-11-2013
Supoñemos que os anticonceptivos ós que te refires son os hormonais. Á hora empregar calquera método anticonceptivo hormonal é necesaria a indicación facultativa dun/ha especialista, que será quen che indica cal é o método máis apropiado para a o caso, xa que existen varias combinacións hormonais e as vías de administración. Para o que podes acudir ó teu médico/a de cabeceira, xinecólogo/a ou a un centro de orientación e planificación familiar. O máis próximo á nosa comarca é o Centro de Planificación de Santiago, e podes chamar directamente para concertar unha cita. Este é un servizo gratuíto que conta cun equipo multidisciplinar ( psicólogo/a, enfermeiro/a, xinecólogo/a,…). O Centro de Planificación atópase en Santiago na Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572. Para pedir cita tes que chamar en horario de mañá.
En canto a idade para poder empregalos, segundo a Lei española sobre a autonomía do/a doente, considerase que o/a menor pode tomar as súas decisións libremente a partires dos 16 anos e se ten menos terase en conta a súa opinión, pero será o profesional médico quen decida se é necesario o consentimento do representante legal.
Así que no teu caso vai depender do criterio do médico/a, se che receita ou non un método anticonceptivo.
Lembra que os métodos hormonais só nos protexen de embarazos non desexados, é dicir, son métodos útiles para parellas estables, sen diagnóstico de ITS ou VIH e non teñen relacións sexuais fora da parella sen unha protección axeitada. Fora deste caso ó mellor método é o preservativo, xa que nos protexe de embarazos non desexados e de ITS e VIH/SIDA. Ademais presenta outras vantaxes, tales como:
− Non ten efectos secundarios.
− Non é necesario prescrición médica.
− É moi efectivo se se usa ben.
− É fácil de usar.
− Comparte a responsabilidade.
− Pode aumentar o tempo de erección.
− Serve para todo o mundo.
− Baixo prezo.
− Alta dispoñibilidade (pódese atopar en un montón de sitios)
É certo que existe una pequena perda de sensibilidade, xa que nos deixamos de ter una barreira de látex, pero tamén é certo que esa barreira é, en parte, mental. É dicir, se cando temos relación sexuais pensamos no uso do preservativo como un “mal roio” evidentemente que vai restar sensibilidade. Sen embargo, se introducimos o preservativo coma un xogo nas relacións sexuais esa “barreira” diminúe, para iso podemos xogar a colocalo un de cada vez, empregar os distintos tipos de preservativos que existen no mercado (cores, formas, grosores, texturas, …) , …
Aínda que o que nos da pracer chega a través dos nosos sentidos (a vista, o gusto, o olfacto, o oído e o tacto) e noso cerebro o que nos indica se nos gusta ou non, é o órgano sexual máis importante que temos, e en ocasións esquecémonos de usalo como tal. A imaxinación é crucial nas relacións sexuais.
Sería recomendable que a túa parella e ti falarades máis en profundo deste tema valorando as vantaxes e inconvenientes dos distintos métodos anticonceptivos e vos replantearades a planificación das vosas relacións sexuais non tendo relacións sen ningunha protección.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.