Proba <abbr title="Virus de Inmunodeficiencia Humana">VIH</abbr>
Boas tardes, queria saber como facer para realizar a proba do VIH rápida e anónima. Grazas.
23-10-2015
O único que hai que facer é concertar unha cita con nós a través de calquera dos seguintes medios:
- No noso local social na rúa Agustín Fernández Oujo, 15A – Ent. (Riveira – A Coruña)
- No teléfono: 981 874 086
- Ou a través do correo electrónico: renacer@asociacion-renacer.org
O noso horario é de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
A proba rápida de VIH realízase sobre unha mostra de fluído oral e, nun prazo de 15 a 30 minutos, ofrece un primeiro resultado que deberá ser confirmado, posteriormente, cunha proba diagnóstica de laboratorio. É anónima é gratuíta.