¿De vai tratar a charla de 3° da E.S.O. no IES Leliadoura?

23-08-2015

O obradoiro que se desenvolve co alumnado de 3º da ESO leva o título de: “Como me relaciono …. cos/as demais” e está enmarcado no programa de prevención escolar en secundaria Aprendendo a crecer.

Con este obradoiro preténdese fomentar unha vivencia pracenteira e saudable da sexualidade, establecendo relacións interpersoais gratificantes e seguras e previr embarazos non desexados, ITS e VIH-SIDA.

Os contidos que se traballan son:

- A sexualidade: información básica

- O corpo sexuado e o seu desenvolvemento sexual

- A orientación sexual e o rol de xénero

- Como nos relacionamos as persoas

- O sexo seguro: os métodos anticonceptivos

- Os riscos asociados á práctica sexual: embarazos non desexados, ITS e VIH-SIDA

- A responsabilidade compartida.

A duración do mesmo é de 2 sesións de 100 minutos cada unha.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.