Dúbida

Ola María.

O mes pasado mantiven relacións supostamente no día de mais posibilidades para concibir, usei protección, ou sexa, preservativo pero teño dubidas de si estaba en bo estado. Xa que me baixou a regra con dou días de retraso e con menos abundancia do normal cando me soe durar catro días agora dous só, que si foi coma sempre son as dores menstruais que no meu caso son dores no riles. Debo dicir tamén que onte comecei a tomar a píldora pero aínda con esas paréceme estraño a pouca cantidade.

Grazas pola túa axuda.

23-07-2015

Con respecto a pregunta non entendo se o mes pasado xa tomabas a píldora ou é que comezaches agora a tomala?.

Se xa estabas a tomar a píldora a diminución da cantidade no fluxo menstrual é un dos seus efectos secundar, coma que esta dura menos días (mesmo nalgunha mulleres pode desaparecer) ou que mude a apariencia (pode volverse dunha cor máis escura). Tamén nalgunha mulleres fan que as dores menstruais diminúan , pero non a todas lle ocorre o mesmo, aínda que sexa frecuente. Xa que as hormonas que contén a píldora anticonceptiva non inflúen da mesma maneira en toas as mulleres por iso se debe acudir a un/a especialista antes de comezara usalas, para que receite a que mellor se axeite.

Se non estabas a tomar a píldora pero empregaches o preservativo de xeito correcto, independentemente do día no que mantiveches relacións non tes motivos para preocuparte. A regra pode verse modificada por diversos factores como nerviosismo, ansiedade, cambios na alimentación,…

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.