Porque tardades sempre tanto tempo en contestar?

23-07-2015

Antes de nada pedir desculpas se planteaches algunha pregunta e non fomos o suficientemente rápidas na resposta. Tentamos contestar o máis axina posible pero non sempre podemos facelo, por mor doutras tarefas no noso día a día.

De todos os xeitos se nalgunha outra ocasión che xorde algo urxente tamén podes acercarte pola nosa asociación ou chamarnos por teléfono. O anonimato sempre está garantido.