dubida

Ola, son unha rapaza de 15 anos. Tiven a miña primeira penetracion hai aprox un mes e pouco. O hime xa me rompera, pero non de todo. Estes ultimos dias cada vez que me masturbo ou me masturba o meu mozo sangro. Sera porque ainda non me rompeu o hime de todo ou a que se pode deber?

Un saudo, grazas

23-06-2015

As causas do sangrado poden ser varias, pode ocorrer que se a masturbación fose antes ou nun período de tempo próximo ao da menstruación sexa coma un “aviso”, e tamén que ó introducir os dedos na vaxina podes facerte algunha microlesión por que algún vaso capilar se rompera ou que poidas ter algunha infección; a posibilidade da rotura do hime tampouco podemos descartala de todo; xa que en moitas ocasións no primeiro contacto sexual con penetración pode haber unha rotura parcial e non total.

Pero isto que che comentamos só son suposicións polo que deberías acudir a un médico/a para unha exploración exhaustiva.

Sentimos non poder axudarte máis pero nós somos psicólogas e o que comentas necesita dunha exploración visual dun especialista para coñecer as causas concretas do sangrado.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.