María, cando estou flácido, a pel do pene baixa perfectamente, pero na erección non, é normal?

23-01-2014

Xeralmente, cando o pene está en erección o prepucio (a pel que cubre o glande) baixa liberando completamente o glande situándose por debaixo do anel. Pero tamén pode ocorrer (e ocórrelle a moitos rapaces) que a pel non se retraia; isto pode ser debido a abertura do prepucio sexa estreita (fimose), ou tamén por que o ligamento que une o glande co prepucio sexa corto.

Existen algún exercicios para tentar mellorar a elasticidade do prepucio. Consisten en baixar e subir o prepucio varias veces seguidas e facer esta operación varias veces ó día. Débese facer sen forzar e sen chegar á dor.

Se a situación segue ou se aparece algunha molestia deberías acudir ó medico/a, para que che fixera un diagnóstico máis preciso do que che está ocorrendo.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.