Duda

Ola, María. O xoves pasado púxenme enferma da garganta e déronme un antibiótico de tres días, é dicir, empeceino o xoves e acabeino o sábado. Xa fai unha semana que acabei os antibióticos, se hoxe fago algo co meu mozo habería posibilidades de que a píldora falle?

22-12-2014

Cando se combina a inxesta da pílula anticonceptiva coa doutros medicamentos, como os antibióticos, prodúcese unha diminución na eficacia da pílula.

O antibiótico máis investigado e coñecido pola súa capacidade de reducir a efectividade das pílulas anticonceptivas é o rifampín, o cal é prescrito para infeccións tales como tuberculoses, lepra, meninxite inactiva, … entre outras enfermidades. Outros antibióticos que poden afectar as pílulas anticonceptivas inclúen a penicilina, amoxicilina, sulfonamida, ampicilina, tetraciclina, cotrimoxazol, griseofulvina, nitrofurantoina, metronidazol, minociclina, e o fenobarbitol. Se o antibiótico que tomaches é un non mencionado na lista, pregúntalle ao teu doutor sobre os seus efectos no teu medicamento anticonceptivo.

Como regra xeral se se toman antibióticos ó mesmo tempo que as píldora anticonceptiva, é boa idea usar un método adicional para previr un embrazo non desexado, como usar un condón. E debido a que os antibióticos poden permanecer no sistema por un tempo logo de que a persoa deixa de tomalos, e importante seguir usando un método de respaldo polo menos durante unha semana logo de deixar de tomar os antibióticos.

No teu caso, polo período de tempo que falas, sería recomendable que empregaras un preservativo nas túas relacións sexuais esta semana. Ou acudiras á consulta do teu médico/a para saber se o antibiótico que tomaches interfire ou non na eficacia da píldora.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.