Se o condón é máis pequeno que o pene da túa parella, poderías quedar embarazada?
22-12-2013
Se o preservativo é máis pequeno que o pene o home vai ter dificultades e molestias para poder colocalo. Se, aínda así, o coloca e se teñen relacións sexuais con penetración hai que ter en conta se se empregou dende o comezo da relación e se comprobou logo que non houbo rotura (xa que se o preservativo queda pequeno hai máis risco).
Se se empregou correctamente non hai risco de embarazo. De todos os xeitos, sería recomendable que empregara un tamaño axeitado para evitar o que comentamos antes.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.