Poderei ter VIH?

Hola tengo una duda, os comento, un día me llamo un amigo y me dijo si quería ir con el a un club de alterne. Le dije que sí, pero lo que pasó es que esa misma noche me afeite los pelos del pubis como una hora antes de ir al club. Mantuve relaciones sexuales con una chica prostituta con condón. Pero los fluidos de su vagina tocaron mi pubis recien depilado, yo me fije y no tenia ningún corte, ninguna forma de que se pudiera pasar el flujo.

Mi pregunta es, ¿puedo estar infectado?. Ósea, ¿podría entrar el fluido por algún poro de algun pelo si esta depilado?. No tenia ningun corte. De esto ya hace unos 4 años, nunca he tenido diarrea cronica solo la normal que le da a todos, eso sí he tenido amigdalitis hace un mes con fiebre y me tuvieron que pinchar con penicilina, la verdad es que desde pequeño siempre e tenido problemas de anginas. Contesten, gracias.

22-11-2011

En relación a situación que comentas, aínda que o virus da SIDA atópase en todos os fluídos do organismo dunha persoa portadora do VIH ou seropositiva, os únicos nos que se atopa unha concentración suficiente de VIH para poder transmitilo son: o sangue, o seme, as secrecións vaxinais e o leite materno. No resto de fluídos, aínda cando poidan conter VIH, este atoparase en cantidade mínima e por iso non poderán transmitir a infección.

En canto ás vías de transmisión, para que exista infección os fluídos mencionados teñen que entrar en contacto entre eles, é dicir, o fluxo tería que entrar en contacto ca sangue ou o seme. Na situación que comentas non se deron estas circunstancias, polo que non existe posibilidade de infección; polo que, os síntomas que comentas poden ser debidos a diferentes e múltiples e diferentes causas.

Para que teñas máis información as practicas sexuais con risco de infección de VIH son:

  • Alto risco de transmisión: Penetración anal sen preservativo, penetración vaxinal sen preservativo e felación con exaculación na boca.

  • Con algunas evidencias: Felación sen exaculación sen preservativo, cunnilingus sen método de barreira e bico negro (rimming) ou annilingus sen método de barreira.

  • Sen risco: Empregando métodos de barreira: penetración anal, felación, cunnilingus, bico negro e annilingus, uso non compartido de xoguetes sexuais, masturbación mutua, bicos, caricias, abrazos e masaxes.

De todos os xeitos, por se nalgunha outra ocasión realizaches algunha práctica que poida ter risco de transmisión de VIH recomendámosche que fágala proba. Para realizarse a proba hai que deixar pasar un mínimo de tres meses desde que se produciu a práctica con risco xa que o noso corpo tarda ese tempo, chamado "período ventá", en desenvolver os anticorpos contra o VIH que se detectan na proba.

A proba do VIH realízase de forma gratuíta, voluntaria, confidencial, e se se desexa tamén anónima e pódese realizar Centros de Atención Primaria, nos Centros de Planificación Familiar e nos Centros de Enfermidades de Transmisión Sexual.

Ademais dende xaneiro deste ano existe na nosa comunidade autónoma a Proba Rápida no Fluído Oral do VIH. Para máis información sobre VIH e os lugares onde facer a proba:

• descarga o folleto informativo,

• solicita información no telefono 881 542 960 de luns a venres das 8:00 ás 15:00 horas,

• ou na web www.sergas.es dentro do Espazo da cidadanía e premendo no botón: Contacte connosco.

Se a proba dá positiva, non significa que a persoa seropositiva teña a SIDA, senón que está infectada polo VIH, é portadora do virus e pode transmitilo a outras persoas, polo que debe tomar precaucións para diminuír os riscos de evolución cara á SIDA e evitar que outras persoas se expoñan ao virus.

Dende que se produce a transmisión do VIH ata que se desenvolve a SIDA poden transcorrer moitos anos. Así mesmo, pódese facer moito para atrasar a aparición da SIDA: evitando as reinfecións e outras ITS, realizando os controis médicos e tomando a medicación e mantendo estilos de visa saudables.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra (a través da nosa páxina, acercándote o noso local ou por teléfono). Grazas.