Estou moi preocupado

Ola, levo dous anos ca moza e chegaron aos meus oídos que un dia de festa estivo con outro e tivo relacións. Eu falei con ela, relaxados os dous, e négame todo e eu por un lado confío nela pero por outro teño medo a quedar de tonto, como podo enganala para que me confese ou algo?. Ti que farías no meu lugar. Un saúdo.

22-10-2015

A cuestión que planteas non ten unha resposta “única ou correcta”, senón que cada persoa atopa a “solución” que mellor se adapta ás súas circunstancias, pensamentos, sentimentos ,..

A mellor recomendación que che podemos dar é que fales ca túa parella sobre esta situación, expoñéndolle o que estás a pensar e sentir, … os medos e inseguridades,.. e logo que tes que decidir se estás disposto a crer á túa parella ou a outras persoas e actuar en consecuencia. Tes que pararte a pensar e valorar, se segues depositando a confianza na túa parella sen que che importe o que pensan os demais da vosa relación. A vosa relación é vosa, e sodes vos quenes decidides as regras dentro da mesma.

A comunicación clara e sincera é fundamental, sen enganos. Falar do que pasou, expresar como vos sentides e como podedes afrontalo son os pilares básicos para recuperar a confíanlla e, incluso, como parella podedes saír fortalecidos desta situación.

Por iso é importante, se decides crer na túa parella o establecemento dun compromiso, senón poden saír, máis adiante, sentimentos como o rencor, e celos. Tes que estar seguro e ela ten que ter que comprender como te estás a sentir. Se ambos volo propoñedes será máis fácil superalo.

Non sei se estás palabras se serven de consolo, pero por este medio é complicado responder a algo como que plantexas. De todos os xeitos, se o necesitas podes volver a poñerte en contacto connosco, para esta ou calquera outra cuestión.