Non me ven a rerla
Tíñame que vir a regra pero non veu e fixen un test de embarazo. Deu negativo pero xa pasaron case 3 semanas e nada, non me ven e estou algo preocupada, que podería ser?
22-08-2014
Ca información que proporcionas é difícil darche unha resposta concreta.
Se pensas que podes estar embarazada, por que mantiveches relacións sexuais sen protección deberías repetir o test de embarazo por se na primeira ocasión non seguiches as instrucións correctamente e puidera haber algún erro no resultado.
De todos os xeitos un embarazo non é a única causa de retraso na regra, xa que na adolescencia e primeira xuventude é normal que as menstruacións non teñan un ritmo e poidan existir retrasos.
Descartado o embarazo (se mantemos relacións sexuais) a segunda causa máis frecuente é a chamada psicóxena, é dicir, todas aquelas situacións que produzan tensión emocional poden asociarse cun atraso ou a desaparición da regra. Algunhas mulleres son máis susceptibles que outras á hora de presentar estas alteracións. Entre estas causas, relativamente frecuentes, de alteración do ciclo menstrual están:
- Os cambios bruscos de peso, tanto a obesidade como unha perda importante de peso en pouco tempo.
- Unha mala alimentación, as mulleres que están desnutridas ou con moi baixo peso a miúdo experimentan amenorrea.
- Exceso adestramento físico, o exercicio vigoroso ou adestramento atlético pode causar amenorrea nalgunhas mulleres.
- O consumo dalgúns medicamentos tamén poden ocasionala.
Existen outros motivos fisiolóxicos, menos frecuentes, como os quistes ováricos ou determinadas enfermidades que poden provocar que se retire o período.
É importante esteas atenta a posibles cambios na túa vida diaria e se os retrasos persiste deberías acudir ao teu médico/a para asegurarte de que non se trate dun problema físico.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.