A matrona pode receitar as pastillas anticonceptivas ?
Teño 18 anos e unha relación estable co meu mozo (2 anos ), gustaríame tomar a píldor , teño que acudir a matrona ou o xinecólogo ?
En que se basean para receitar un ou outra marca de anticonceptivo?
Moitas grazas .
22-08-2013
Para tomar a pílula anticonceptiva podes acudir directamente ó teu médico/a de cabeceira. El/a receitarache a máis apropiada para ti. En canto ós criterios á hora de recomendar unha ou outra marca vai depender do/a profesional pero xeralmente recomendan a que menos carga hormonal ten.
Debes saber que dende o 1 de agosto deste ano ningunha pílula anticonceptiva está subvencionada polo ministerio de sanidade, o que implica que hai que aboar o importe da mesma na súa totalidade.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.