Nunha análise de sangue pódese detectar o VIH? E nun cultivo tamén de sangue? Grazas

Nunha análise de sangue pódese detectar o VIH? E nun cultivo tamén de sangue? Grazas

22-06-2017

A detección do VIH realízase nas mostras de sangue a través de dúas vías, a detección de antíxenos (técnicas inmunoenzimáticas: EIA, ELISA) e a detección do propio virus, para o cal se necesitan probas específicas sendo o Western Blot o método máis empregado.

Nas análises de sangre non se realiza a proba de detección de VIH, alomenos que se solicite previa e explicitamente polo/a paciente.

Existen algunhas situación especiais (estudos de variabilidade xenética, proba seguimento de embarazo, diagnóstico de recentemente nados, screening de doantes, seguimento de pacientes VIH positivos, etc…) nas que tamén se pode determinar o VIH por métodos indiretos que poden incluír o cultivo vírico, a determinación do antígeno p24 en plasma ou soro e a demostración de xenoma vírico mediante técnicas de bioloxía molecular (PCR).

A modo informativo dicir que existen tres tipos de probas de detección do VIH:

  • Análise de sangue: mediante unha analítica. Os resultados están en poucos días.
  • Proba rápida de sangue: tomando unha pequena mostra de sangue, mediante unha pequena picada no dedo.
  • Proba rápida de saliva: realízase tomando unha mostra da boca.

As probas rápidas son sinxelas, seguras e eficaces. Estas probas son rápidas en canto ao tempo de espera desde a extracción da mostra ata a obtención do resultado (20-30 minutos), non en canto á vez que se tarda en producir anticorpos detectables desde o momento da infección (denominado en ocasións “período xanela”).

Non requiren un laboratorio para realizar a análise, pero un resultado positivo a estas probas require unha confirmación posterior de laboratorio. Un resultado negativo non require confirmación. Son moi útiles en situacións que requiren un resultado inmediato.

A proba rápida de detección de VIH en saliva pódese facer na sede da nosa Asociación, sita na rúa Agustín Fernández Oujo, 15A – Ent. (Riveira – A Coruña). É voluntaria, gratuíta e confidencial. E necesario pedir cita previa no teléfono: 981 874 086 ou a través do No correo electrónico: renacer@asociacion-renacer.org.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.