Pódeme afectar nas relacións sexuais que me operaran de fimosis?

Recentemente operáronme de fimosis, poderíame afectar iso as miñas relacións sexuais?

22-06-2012

Todo o contrario, xa que a fimose pode facer que se teña dor nas ereccións ou relacións sexuais debido a que a capa de pel (prepucio) que protexe a cabeza do pene (glande) en estado de repouso non se retrae cando hai unha erección. Ademais a pel do glande é máis sensible que a pel do prepucio o que pode aumentar a sensibilidade e, polo tanto, o pracer nas relacións sexuais.

Iso si, deberás seguir os coidados que o/a especialista che indicou para ter unha boa recuperación da operación e que non xurdan problemas. Xeralmente, a recuperación soe darse en 8-10 días e débese ter coidado, unicamente, coas ereccións, que poden xerar hemorraxias e alteracións nas suturas.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.