María son a rapaza que tomou mal a pastilla, tomeina o 7° dia en vez d tomala o 8° e aínda non me veu a regra,e as pastillas acabeinas o xoves, é normal?

22-02-2016

Un dos efectos secundarios normais da toma da píldora anticonceptiva pode ser a ausencia da menstruación.

Levas tempo tomando a píldora anticonceptiva e é a primeira vez que che ocorre?. Se é así, pode ser debido a que ó modificar a semana de descanso se modifique a o ciclo e que exista retraso.

Se levas pouco tempo tomando a píldora, pode ser que non teñas a menstruación, como efecto secundario normal, sen ter relación co erro en canto á toma.

Xeralmente tomamos como referencia os primeiros seis meses como período de adaptación do noso corpo á píldora, polo que durante eses meses poden existir desaxustes. A partires dos sétimo mes o noso corpo regulase.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.