A miña amiga tivo a súa primeira vez sen protección. Pode ter máis riscos de quedar embarazada?

A miña amiga non usou preservativo e tampouco tomou a pílula do día despois. Gustaríame saber se pode ter máis riscos de quedar embarazada, en canto tempo se pode saber se o está e cales serían os primeiros síntomas.

Grazas.

22-02-2011

En calquera relación na que exista coito vaxinal (introdución do pene na vaxina) sen utilizar adecuadamente un método anticonceptivo hai risco de embarazo non desexado, aínda que sexa primeira vez.

As posibilidades de embarazo poden variar en función do momento do mes no que se manteña a relación sen protección: os días fértiles son aqueles momentos do ciclo menstrual que no que existe maior probabilidade de embarazo, a ovulación. Pero coñecer cando se está ovulando é moi difícil, xa que os ciclos menstruais son irregulares e poden verse afectados pos múltiples factores (cambios na alimentación e no ciclo sono-vixilia, situacións de ansiedade,....) e mesmo durante a regra unha muller pode estar ovulando.

Un dos síntomas que indica que unha rapaza está embarazada e que a regra non ven ou o sangrado é moi pouco en comparación do acostumado. Pero para saír de dúbidas o mellor e facerse unha proba de embarazo:pódela facer no teu médico/a de familia, comprando un test na farmacia ou nos Centros de Planificación Familiar ( o máis próximo a nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572).

Os test de embarazo miden o nivel de hormona hCG (gonadotropina coriónica humana) que comeza a segregarse cando ó ovulo fecundado implantase no útero ( un óvulo fecundado tarda o redor de 7 días en baixar das Trompas de Falopio e cegar ó útero). Hai que ter en conta que a cantidade de hormona producida depende de cada muller, polo que algunhas mulleres poden detectar o embrazo antes que outras. Estimase que nos test de ouriños é posible detectala ó redor do día 14 despois da posible fecundación, pero isto vai depender da proba que se empregue, é máis fácil detectala nun test de sangre (ten que realizalo un médico/a). Para que o resultado sexa totalmente fiable recomendase facela proba 5 días despois da primeira falta da regra.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra (a través da nosa páxina, acercándote o noso local ou por teléfono). Grazas.