Masturbarse é malo?

21-08-2010

A masturbación (o autoerotismo, a autoestimulación) é unha práctica sexual normal e saudable en calquera idade e, para moitas persoas novas , adoita ser unha das principais maneiras de empezar a experimentar, a descubrir sensacións pracenteiras, a satisfacer o desexo sexual...

Como todas as persoas non somos iguais, a masturbación é unha conduta sexual que para moitas pode ser agradable, pracenteira e satisfactoria, mentres que para outras non. O importante é que cada persoa senta libre para elixir e experimentar ou non.

A masturbación, pode ser un excelente recurso para satisfacer o desexo aliviar a tensión sexual, proporcionarnos pracer, axudarnos a coñecer o noso corpo e as súas respostas, os nosos gustos e, se a vivimos positivamente, favorece a autoestima e os valores persoais e, ademais de ser unha maneira de querernos e gozar con nós mesmos/as.

Tamén é unha práctica sexual que podemos compartir con outras persoas se nos apetece.

 

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. GRAZAS.