Duda!!!

Maria a regra tiñame que ter vido e ainda non me veu, as mamas hincharonseme e naceronme granos e iso pasame cando me vai vir, e posible que esté embarazada? Mantiven relacions sexuais sen preservativo e ágora estou asustada, de feito ata me doe a barriga e siempre me pasa cando me ven.

21-07-2016

Entendo a túa preocupación, é normal que calquera retraso na regra de lugar a certos temores ou medos, pero o primeiro que tes que facer é tranquilizarte pois un retraso non sempre é un embarazo. O feito de que non baixe pode ter múltiples explicacións , de feito un forte estado de estrés, ansiedade ou angustia emocional podería ter que ver co teu caso.

Se o retraso persiste o mais sensato, para saír de dúbidas, é realizar un test de embarazo que, pasados 15 días desde a posible fecundación, poderá darnos un resultado moi fiable.

Os test de embarazo analizan a presenza de hormonas nos ouriños, en concreto, buscan a presenza da hormona HCG (gonadotropina coriónica humana), a cal se atopa só no corpo das embarazadas.

En canto, á hora para realizalo pódese facer a calquera hora do día, pero o ideal é facelo á primeira hora da mañá pois nos primeiros ouriños do día é onde se acumula a maior concentración da hormona HCG, polo que resultará máis fácil detectala.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco. Grazas.