Que pasa si busco porno no ordenador ou no móbil sendo menor?
Refírome a se me pode pasar algo ou que sexa ilegal que alguén me poida descubrir
21-06-2018
En canto a se che pode pasar algo, un dos maiores riscos é que se envías a través das redes sociais contido de carácter erótico teu ou doutras persoas menores de idade sería distribución de pornografía infantil, o que é un delito.
Se te refires a visualizar non é considerado delito. Existe estudos que estiman que case un terzo do material pedófilo que circula na web é producido inocentemente polos mesmos menores, que aínda non entenden o rol sexual que poden xogar os seus corpos no mundo virtual.
A exposición a material pornográfico, pódeche prexudicar en canto á visión da sexualidade, a pornografía ofrece un modelo de erótica completamente tecnificado, como se fose unha técnica que se puidese dominar, ou unha receita que require unha serie de pasos universais impoñendo regras do que está ben/mal ou do normal/non normal. É son modelos que alonxan as persoa que están a comezar a explorar a súa sexualidade do verdadeiro sentido das relacións eróticas, que teñen que ver co encontro, os desexos e os praceres.
O consumo indiscriminado de pornografía, sumado a unha escasa ou nula educación sexual que imparta habilidades para diferenciar entre realidade e ficción, pode transmitir algunhas mensaxes confusas ou directamente nocivos: automatización, excesiva xenitalidade da erotización, roles estereotipados, modas como a depilación púbica integral ou a práctica coercitiva de actos sexuais. Con todo, a través da pornografía non se transmiten valores básicos para calquera relación íntima, como a comunicación, o respecto mutuo ou a importancia de medidas de prevención de riscos; como tampouco outras informacións esenciais, como coñecer a propia anatomía e fisioloxía, en que consisten distintas respostas de excitación, ou entender e explorar os desexos de forma sa e segura para un mesmo e os acompañantes. E é que esta non é a súa función.