Hai dous días que perdín a virxindade, era o meu segundo día de regra, esta mañá cortóuseme, pero ao medio día xa a tiña, estou embarazada?

21-01-2013

Ca información que nos facilitas é difícil dar unha resposta precisa, por que a ausencia ou o retraso da regra pode ser debido a moitos factores, sobre todo en rapazas novas, como: situacións de ansiedade, cambios na alimentación e no ciclo sono-vixilia, ….

En canto ó risco de embarazo vai depender de diversas circunstancias. Se tiveches relacións sexuais sen protección ou non empregaches correctamente un método anticonceptivo protección pode existir risco de embarazo ou de transmisión dunha ITS. Ademais, aínda que durante a menstruación en teoría non existe risco, non podemos saber se estamos a ovular polo que comentamos dos cambios no ciclo menstrual e existir unha pequena posibilidade.

Por iso, para unha maior seguridade sería recomendable facer una proba de embarazo: pódela facer no teu médico/a de familia, comprando un test na farmacia (aínda que depende da marca o seu prezo pode rondar os 10 €) ou nos Centros de Planificación Familiar (o máis próximo a nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572).

Os test de embarazo miden o nivel de hormona hCG (gonadotropina coriónica humana) que comeza a segregarse cando ó ovulo fecundado implantase no útero (un óvulo fecundado tarda o redor de 7 días en baixar das Trompas de Falopio e chegar ó útero). Hai que ter en conta que a cantidade de hormona producida depende de cada muller, polo que algunhas mulleres poden detectar o embrazo antes que outras. Estímase que nos test de ouriños é posible detectala ó redor do día 14 despois da posible fecundación, pero isto vai depender da proba que se empregue, é máis fácil detectala nun test de sangre (ten que realizalo un médico/a). Para que o resultado sexa totalmente fiable recomendase facela proba 5 días despois da primeira falta da regra.

Algo importante que debes ter en conta cando se manteñen relacións sexuais con penetración é necesario empregar algún método anticonceptivo (hormonais ou métodos de barreira). Ademais dos embarazos non desexados tamén é importante a prevención de infeccións de transmisión sexual, o preservativo é o único método que prevén tanto, de embarazos non desexados como de infeccións de transmisión sexual.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.