Cando me masturbo sangro as veces. Non é a primeira vez que me pasa e me preocupa un pouco. Son unha rapaza e teño 16 anos. ¿E normal? ¿Por que me pasa? Gracias^^

20-12-2013

As causas do sangrado poden ser varias, pode ocorrer que se é antes da menstruación pode que sexa coma un “aviso”, tamén pode ocorrer que o hime rompera, tamén que ó introducir os dedos na vaxina podes facerte algunha microlesión por que algún vaso capilar se rompera ou que poidas ter algunha infección.

Pero isto que che comentamos só son suposicións polo que deberías acudir a un médico/a para unha exploración exhaustiva.

Sentimos non poder axudarche máis pero nós somos psicólogas e o que comentas necesita unha exploración visual dun especialista para coñecer as causas concretas do sangrado.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.