Estanme a saír unhas ronchas vermellas debaixo do glande. Que podo facer? Non quero falar cos meus pais, dáme moita vergoña.

20-09-2014

Lamentablemente non podemos darche unha resposta a cuestión que plantexas, xa que somos psicólogas e este tema queda fora do noso ámbito profesional. Polo que che recomendamos que acudas a teu médico/a de cabeceira para que che faga unha valoración.

Ademais ca información que das é difícil saber que tipo de ronchas/lesións poden ser. As causas de ter ronchas/lesións no pene poden ser varias, infeccións debidas a humidade da zona e/ou pola hixiene, alerxias, … ou mesmo poden ser síntomas dunha infeccións de transmisión sexual se tiveches relacións sexuais sen protección

Para a túa tranquilidade, se non presentas outros síntomas como enrroxecemento, inflamación, picor, ardor, dor, …. que poden indicar a presenza dunha infección (e non ten por que ser sexual) senón que se se trata dunha aparición illada pode ser algo normal e non indicativo dunha enfermidade, como poden aparecer noutra parte do corpo. Aínda que fora este o caso, para certificar con seguridade o que che pasa, insistimos en que é necesario que sexan vistos polo eu médico/a para que che realice unha exploraciión e che indique, se é necesario, o tratamento oportuno.

Sería recomendable que usarás protección nas túas relacións sexuais, por se se trata dunha infección e evitar a transmisión a outras persoas.

En canto á falar con teus pais deberías comentarlle que tes lesións no pene (que poden pero que non teñen que ser necesariamente síntomas dunha ITS) e no caso de que si fora por iso pode ser unha boa maneira de comezar a ter unha relación de maior confianza con eles.

Falar de temas de conteñan certo contido sexual pode resultar algo “complicado” sobre todo se non temos unha relación de confianza ca outra persoa, pero é importante que esa “vergoña” se supere e poder falar do estamos a sentir, a vivir, …

Pode ocorrer que nun comezo a súa reacción non sexa a que máis che gustaría, xa que para un pai/nai ás veces non é fácil aceptar que os nosos fillos/as teñen sexualidade pero ten presente que o que máis lle importa a un pai/nai e o benestar do seus fillos/as, permítelles que che demostren o seu apoio. Falando con eles e explicándolles o que che pasa e estar a sentir poderán entenderte e, así, tamén fortalecer a vosa relación.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.