Grazas por axudar respondendo a todas as nosas dúbidas!

Noutros casos a moitas daríanos vergoña facer este tipo de preguntas, sinceramente, moitas grazas :)

20-09-2012

As grazas temos que dárvolas nós a todos e todas por depositar a vosa confianza na nosa asociación. Xa que un dos fins principais polo que decidimos poñer en marcha a web foi o que precisamente comentas, poder dar información específica para cada caso e resolver dúbidas concretas. En ocasións, non sabemos onde poder obtela e/ou podemos dar vergoña preguntala, por que aínda que estamos na sociedade da información, as veces a información que podemos atopar non se adapta as nosas necesidades ou está sesgada en función de intereses políticos, económicos, .... e dende a nosa asociación só pretendemos dar información con base científica e libre de prexuízos.

Esperamos que sigades contando connosco para calquera dúbida ou inquedanza que poidades ter. Aínda que forma parte do noso traballo tamén é un pracer poder axudarvos, na medida das nosas posibilidades. Así que, xa sabedes, para o queirades aquí estamos.

Grazas de novo.