Problemas referidos as relacións sexuais.
O meu problema é que cando teño relacións sexuais co meu mozo só sinto dor, non teño pracer ningún e él nunca chegou a correrse ou ter un orgasmo, eu pensaba que a partir da primeira vez xa non me doería e comezaría a sentir pracer, pero non. Cando me fai dedos (perdón por decilo así) tamén me doe bastante. O caso é que non sei que facer para comezar a disfrutalo, porque nunca me puxen nerviosa nin fun con mente negativa a hora de facelo. Cando teño a regra e nos refrexamos, logo ao sacalo tampón e facer as miñas necesidades, dóeme moito. ¿Que podo facer? Grazas.
20-07-2014
Antes de nada desculpas pola tardanza na resposta.
A dor nas relacións sexuais pode deberse a que a vaxina non dilate o suficiente e póidanse producir, ademais, microlesións durante a penetración. Isto débese, xeralmente, a que o estado de excitación non é tan axeitado coma debería. Cando se realiza a penetración (do pene ou dedos) e e non hai unha boa excitación os músculos da mesma están contraídos poden dificultala. Ademais, os labios menores segregarán menos fluxo vaxinal o que tamén dificulta a penetración.
Canta máis confianza e comodidade teñas ca túa parella, máis relaxada estarás e así os músculos da vaxina dilataranse. Tamén pode ocorrer que teñas dificultades para segregar fluxo vaxinal, para isto pode servirche de axuda un lubricante extra, que podes conseguir nunha farmacia.
Para lograr una boa excitación é importante relaxarse e deixarte levar polas sensacións e o pracer que todo o noso corpo nos pode procurar. A penetración é unha práctica que nos procura pracer pero non é a única, todo o noso corpo nos provoca sensacións e, en ocasións, se nos centramos só nos órganos xenitais , perdemos esas sensacións pracenteiras e se, ademais estamos demasiados atentos/as por se aparece a dor a excitación non será tan boa e a dor pode aparecer.
Sería importante que comezarades a conseguindo unha boa excitación sen penetración e desfrutar dela, coñecendo ben o pracer que todo o corpo vos pode dar e logo progresivamente ir introducindo a penetración no “xogo” sexual.
De todos os xeitos, sería recomendable que acudirás a facer una revisón xinecolóxica, para descartar que existan outro tipo de problemas que poidan ser a causa des ador (infeccións, fungos,…)
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.