Dúbida
Ola María, fai tres semanas mantiven relacións co meu mozo e rompeunos o condón. Segregou un pouco de liquido dentro da miña vaxina, eu tomei a pastilla para estar máis tranquila. Dúas semanas despois veume a regra normal pero catro días despois botaba un liquido marrón, a que e devido ese liquido? E bo ou malo?, e que estou un pouco asustada. Contesta rápido, por favor.
20-04-2014
Antes de nada pido desculpas pola tardanza na respostas pero non me foi posible contestar antes.
Entendo que cando dis que tomaches a pastilla te refires á píldora do día despois.
A píldora do día despois altera o ciclo menstrual, adiantándoo ou retrasándoo e/ou diminuíndo a súa duración. E, ó ser un sangrado debido ós efectos das hormonas, soe cambiar a aparencia, como cando se toma a píldora anticonceptiva diaria (o líquido marrón o que te refires).
Non tes motivos para estar asustada, xa que ter a menstruación é síntoma de que a píldora anticonceptiva funcionou correctamente. Un dos mecanismos de acción desta píldora é que impide a implantación do óvulo na parede do útero e, para iso, expulsa o endometrio (capa máis interna do útero que se forma e expulsa en cada menstruación) que xa se formou da mesma maneira que ocorre en cada período, polo cal aparece o sagrado.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.