Duda

Ola María, son a do outro dia que che comentei o da pastilla anticonceptiva que nalgúns meses manchaba e noutros non, pois decidín deixar a pastilla este sábado vai facer 15 dias que debería comezar a tomala (deixeina por facer un descanso) agora a miña preocupación é como no ultimo mes non me baixou que agora a deixe de tomala que non que volva a baixar nunca mais, iso non e posible verdade?

19-10-2017

Non é posible, como xa che comentei. O que pode ocorrer é que a regra comece algo descontrolada e a primeira menstruación tarde de catro a seis semanas logo de deixar de tomala.

O corpo toma máis tempo en producir as hormonas necesarias para a ovulación e menstruación. Tamén pode ocorrer que os ciclos mentruais poden ser máis longos logo. Pero estas alteracións son reversibles, poden pasar uns meses para que o corpo se restableza.