Ola, son unha moza e ultimamente masturbarme coas miñas mans e os meus dedos non está a ser suficiente. Que podo utilizar para satisfacer o meu desexo sexual sen ter que facelo cun rapaz? (teño 17 anos) dáme medo e creo que non podo comprar un xoguete. Non quero dicirllo aos meus pais... dáme moitísima vergoña.

19-06-2014

Antes de nada pedir desculpas pola tardanza, pero a semana pasada non puidemos responder as preguntas por diversas circunstancias. Sentímolo.

É difícil darche unha resposta correcta á cuestión que planteas, por que os gustos e preferencias no eido da sexualidade son diversos, xa que cada persoa vívea de xeito diferente. Hai tantas sexualidades como persoas. Cada persoa ten que atopar o que lle da pracer e para iso debe explorar o seu propio corpo, xogar e divertirse con el.

De todos os xeitos déixote aquí unhas ideas sobre as zonas eróxenas e a masturbación feminina, por se che serven de axuda.

Unha boa forma de acadar pracer co propio corpo é coñecelo en profundidade. Coñecer as túas zonas eróxenas, permitirache saber que partes do corpo son as máis excitables. Acariñarse as partes do corpo máis sensibles permite a chegada máis rápida do desexo. Unha zona eróxena é moi sensible ás caricias xa que nela concéntranse numerosos captadores sensoriais. Os beliscos, lametóns, masaxes, cóxegas, bicos, mimos, soplidos...participan nas caricias que poden excitar estas zonas especialmente sensibles. As partes do corpo máis excitables dunha muller son:

- Os peitos: son moi eróxenos . Os bicos nas mamas provocan unha gran excitación e as caricias dos seos comportan un endurecemento das mamilas moi agradable para a maioría das mulleres. O tamaño dos peitos non inflúe na intensidade do pracer.

- As axilas: a pel das axilas é suave e moi sensible ás caricias.

- Os beizos, o lóbulo das orellas, o ventre, o embigo, as nádegas, o pliegue dos xeonllos, as coxas, os nocellos, os pés e os dedos dos pés. Facer cóxegas na planta dos pés ou chupar os dedos dos pés pode provocar moito pracer.

- O pescozo é unha parte moi sensible. E tamén o pelo e as nádegas.

En canto á masturbación feminina existen diferentes prácticas:

- Estimulación da zona clitoriana/vulvar,

- Frotación da zona clitoriana/vulvar cun obxecto brando

- Presión rítmica dos muslos

- Masaxe con auga na zona clitoriana/vulvar

- Só inserción vaxinal

Estas son as máis comúns, pero non hai dúas mulleres que se masturben exactamente da mesma forma. Non hai mellores ou peores métodos, vai depender das preferencias da persoa e do momento.

En canto, ós xoguetes sexuais poden ser un complemento para a obtención do pracer, pero non son fundamentais. O órgano sexual máis importante que temos as persoas é o noso cerebro, úsao. Emprega a túa imaxinación, visualiza cousas que che exciten, .. tómate o teu tempo desfrutando, non teñas presa e varía a forma de satisfacerte, se sempre fas máis do mesmo dificilmente descubrirás cousas novas.

Se queres profundizar sobre este tema existe un libro que che pode servir (en realidade hai infinidade deles, pero recoméndoche os que coñezo). A autora é Sylvia de Béjar (é experta en sexualidade humana e terapeuta) e chámanse : “Tu sexo es aún más tuyo”. É fácil de conseguir (e ten un prezo económico) e de ler, fuxindo de estereotipos e “ falsos adornos” que xeralmente aparecen en publicacións relacionadas ca sexualidade e as relacións sexuais, fala con naturalidade e humor.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.