Son unha muller e quedei con outra muller para ter relacións... ela dime que vaia ao noso encontro (unha habitación de hotel) sen bragas... e que quere facerme sexo oral e eu a ela... con todo teño medo a contraer algunha enfermidade ao facerlle sexo oral e non se se esta ben este encontro... que debo facer?

19-06-2014

Antes de nada pedir desculpas pola tardanza, pero a semana pasada non puidemos responder as preguntas por diversas circunstancias. Sentímolo.

Non podemos dicirche o que debes facer, acudir e ese encontro ou non é unha decisión que debes tomar ti. Unha recomendación, déixate levar polos teus sentimentos, sexan homes ou mulleres os que che atraian, ó final o que nos atraen son determinadas persoas.

Pero se sentes inseguridade ou tes dúbidas deberías falar ca parella do que estar a sentir, xa que nunha relación de parella algo fundamental é a comunicación e coñecer a outra persoa, os seus gustos, desexos, ... para así poder gozar e compartir o que vos gusta, e a sexualidade non é unha excepción.

En canto, a posibilidade de contraer algunha ITS, nas relacións sexuais orais existe risco de infección para a persoa que estimula coa súa boca os xenitais da outra, se está infectada. Para gozar desta para práctica, sen que supoña un risco para a túa saúde, debedes utilizar unha barreira de látex, que se pode comprar nunha farmacia ou facela a partires dun preservativo aberto, ou un cadrado de papel filme transparente de cociña que sirva de barreira entre a boca e os xenitais femininos.

O risco de contaxio varía enormemente dependendo do tipo de ITS, por exemplo as infeccións de herpes xenital, virus de papiloma humano e as vaxinites bacterianas son facilmente transmisibles nunha relación sexual entre mulleres e noutras, e aínda que o risco é baixo está presente. Ademais, pode ocorrer que mulleres que teñen relacións con mulleres puideron ter relacións sexuais con homes e as algunhas ITS son máis facilmente transmisibles dos homes ás mulleres.

Para mais información sobre as infeccións de transmisión sexual e a súa transmisión preme aquí.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.