Hoxe miña nai entrou no baño mentres me masturbaba

Son unha moza de 14 anos. Entrou e saíu ao verme, no sei se se decatou pero dáme vergoña, que podo facer?. Grazas.

19-06-2014

Antes de nada pedir desculpas pola tardanza, pero a semana pasada non puidemos responder as preguntas por diversas circunstancias. Sentímolo.

En canto á situación que comentas ó mellor a día de hoxe falaches do tema ca túa nai. De todos os xeitos, non hai unha resposta concreta, xa que vai depender da relación que teñades entre as dúas, do grado de confianza, da percepción da sexualidade que se teña na túa familia, … pero sería importante que falarades. A continuación, deixámosche algunhas ideas que poden axudarche nesta situación.

Falar de temas de conteñan certo contido sexual pode resultar algo “complicado” sobre todo se non temos unha relación de confianza ca outra persoa, pero é importante que esa “vergoña” se supere e poder falar do estamos a sentir, a vivir, …

Pode ocorrer que nun comezo a súa reacción non sexa a que máis che gustaría, xa que para un pai/nai ás veces non é fácil aceptar que os nosos fillos/as teñen sexualidade pero ten presente que o que máis lle importa a un pai/nai e o benestar do seus fillos/as, permítelles que che demostren o seu apoio. Falando con eles e explicándolles o que che pasa e estar a sentir poderán entenderte e, así, tamén fortalecer a vosa relación.

Non debes ter vergoña, a sexualidade é algo intrínseco a todas as persoas. Sentir desexo e sentir pracer son sentimentos normais é saudables. Pódense vivir con maior ou menor intensidade e podemos decidir satisfacelos a través de diversas condutas sexuais, con outras persoas ou con nós mesmos/as. O que non podemos é anulalo ou facer que desapareza. Por iso é importante vivilo e expresalo con respecto,liberdade e naturalidade, para que non sexa causa de malestar.

Na adolescencia as persoas espertamos á nosa sexualidade, aparece o desexo sexual e a necesidade de satisfacelo, xa que o noso corpo reacciona ante estímulos diversos como o propio corpo. De feito a masturbación soe ser unha das principais maneiras de comezar a experimentar, de descubrir sensacións pracenteiras, …

A masturbación (o autoerotismo, a autoestimulación) é unha práctica sexual normal e saudable en calquera idade e, para moitas persoas novas, adoita ser unha das principais maneiras de empezar a experimentar, a descubrir sensacións pracenteiras, a satisfacer o desexo sexual … Pode ser un excelente recurso para satisfacer o desexo, proporcionarnos pracer, axudarnos a coñecer o noso corpo e as súas respostas, os nosos gustos e, se a vivimos positivamente, favorece a autoestima e os valores persoais e, ademais de ser unha maneira de querernos e gozar con nós mesmos/as.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.