Como pedirlle ao meu mozo que quero probar sexo anal, dáme moita vergoña ?
Dáme moita vergoña facer estas preguntas aquí, pero non sei que facer.. só quero saber iso, como fago para pedirllo sen morrer de vergoña?
19-05-2012
Que non che dea vergoña plantexar calquera dúbida que teñas, xa que este espazo é precisamente para iso, resolver inquedanzas que poidamos ter nun momento dado e non sabemos onde ou como preguntar .
En canto o que comentas o que deberías facer é falar con el directamente sobre a cuestión que nos estás a plantexar. Dicirlle cales son os teus desexos, o que estás a sentir, xa que nunha relación de parella algo fundamental é a comunicación e coñecervos ámbolos dous, os vosos gustos, desexos, medos, … para así poder gozar e compartir o que vos gusta.
A sexualidade non é unha excepción, xa que se trata de que as dúas persoas desfrutedes e atopedes como facelo e para iso cando tes unha parella é moi importante falar, coñecervos como persoas, os modos de desfrutar dos vosos corpos e as diferentes prácticas sexuais que poidades realizar para así ir descubrindo entre os dous como vivila satisfactoriamente. O sexo anal tampouco é unha excepción, é unha práctica sexual que pode gustar a unhas persoas e a outras non, por iso se a ti che apetece probala deberías comentarllo directamente e falalo con el entre os ous probar se vos gusta.
Se decidides practicar sexo anal unha recomendación é que nun comezo é mellor comezar explorando e estimulando a zona (con caricias, roces, bicos,….) e non comezar directamente coa penetración xa que o ano non dilata de igual xeito que a vaxina e pode haber molestias. Para que estas sexan as menores posibles e moi útil o uso de lubricantes (lembra que teñen que ter base acuosa e o preservativo debería ser más groso por posibles roturas, sobre todo as primeiras veces).
Imaxínate por exemplo, que a el lle guste un montón esquiar e ti nunca o fixeras e non sabes moi ben se che pode gustar, ¿plantexaríaste coller os esquís e tirarte por unha pista?. De seguro que non, pouco a pouco irías aprendendo a poñer os esquís, coller os bastóns e de seguro que el estaría alí contigo ata que te sentirás segura para facelo. E, ese camiño de aprendizaxe sería moi enriquecedor e satisfactorio para os dous. Pois ben, aínda que as relacións sexuais non son como esquiar, si que entre os dous podedes ir aprendendo xuntos a satisfacer os vosos sentimentos, desexos, gustos,... da man un co outro/a, percorrendo xuntos o camiño.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.