Baixoume a regra e uns días máis tarde botaba marrón

Ola María, fai unha semana tiña a regra e tres días despois botaba marrón, iso de que é?, é bo ou malo?

19-04-2014

Ca información que me das non entendo moi ben o que me queres preguntar.

Ocorréseme que es a mesma rapaza que xa me preguntou pola píldora anticonceptiva e que te refires os cambios na menstruación debidos á toma da mesma. Se é así, como xa che comentei anteriormente, o sangrado menstrual vese alterado ca toma da píldora anticonceptiva e que haxa cambios no aspecto, cantidade e duración dos mesmos é algo normal.

Se me equivoco e non es a que xa me preguntou antes sobre este tema, rógoche que me volvas facer a pregunta pero con máis información.