teño 19 anos e quero ser nai, estou toleando?

Bueno ese e o meu problema, gustariame ter un fillo ca miña parella posto que levamos xuntos 4 anos, a el nn lle parece ben xa que ainda que el ten traballo eu ainda estudio nun ciclo. Axuda porfavor, non sei como afrontar isto xa que esta afectando tanto na parella como no meu dia a dia..

19-03-2015

Non te preocupes polas ideas que che están asaltando, non consideres que estás toleando nin moito menos, é normal que nun momento dado da vida case tódalas mulleres senten ese desexo de ser nais.

Como ti mesma comentas tes dezanove anos e agora estás facendo un ciclo, entón considero que nun primeiro instante sería mellor que rematases ese ciclo que tes empezado e logo deberías abordar de novo o tema coa túa parella. As opinións acerca do mellor momento para quedar embarazada son moi diversas e todas merecen ser respetadas, xa que se trata dunha decisión en común que adopta unha parella para emprender un proxecto de vida moi importante, que require moita responsabilidade e dedicación por parte de ámbolos dous. De tódolos xeitos, gustaríame que souberas que os especialistas consideran que a franxa de idade óptima para quedar embarazada está entre os 22- 30 anos; posto que as mulleres máis xóvenes teñen un risco lixeiramente superior de ter un fillo/a con Síndrome de Down ou con outros defectos conxénitos. Antes era moi frecuente que unha muller con vinte anos xa estivera casada e con algún fillo, pero na actualidade as condicións sociais, económicas e persoais cambiaron moito; e unha gran maioría de xóvenes prefiren rematar os seus estudos, acadar un nivel de profesionalización e un posto de emprego estable para emprender ese novo reto que supón ser pai/nai dun novo ser. Agardamos que che sirvan de axuda os nosos consellos e se tes algunha outra inquedanza non dubides en poñerte en contacto de novo. En todo caso dicirche que é importante que compartas estas inquedanzas coa túa parella e dialogade sobre o tema, non permitades que iso se converta en algo que entorpeza a vosa relación. Grazas.