DUDA IMPORTANTE

Hola Maria estou tomando as anticoncptivas e a regla veume antes de estara empezar as blancas vamos veumne nas rosas.Esto ten algun inconvinte ao tomar as anticonceptivas?

19-03-2015

A pílula é un método anticonceptivo fácil de empregar e ao mesmo tempo eficaz ao 99%; aínda que tamén temos que ter en conta previr as enfermidades de transmisión sexual, nas cales o uso da pílula non fai efecto ningún sobre as mesmas. Para iso debes recorrer a outros métodos destinados a ese fin como é o emprego do preservativo.

Supoño que os anticonceptivos que estás a tomar o fas baixo a prescrición dun facultativo, de non ser así aconsélloche que sempre que fagas uso de métodos anticonceptivos sexa co asesoramento dun especialista, xa que el mellor ca ninguén sabe o tipo de hormonas que o teu organismo precisa. Por outra banda, tampouco nos dis si é a primeira vez que tomas os anticonceptivos, porque de ser así, ese sangrado pode deberse a o desaxuste hormonal inicial que as mesmas poden producir, xa que o teu organismo ten que adaptarse a esa carga hormonal que lle estás administrando.

O feito de que che viñera a regra antes de empezalo outro ciclo de pílulas, non interfire para nada na toma de anticonceptivos; sempre e cando continuases co ciclo na toma das mesmas sen interrupción. Lembra que para mellorala súa eficacia debes seguir a toma das mesmas seguindo un horario o máis definido e estable posible.

Por outra banda a presenza dese sangrado, antes de comezalo outro ciclo de pílulas pode deberse a múltiples factores como:

• Nerviosismo ou estrés

• Toma de outros medicamentos que poden estar interferindo

• Desaxustes hormonais puntuais

De tódolos xeitos si se repite de novo, deberías acudir ó xinecólogo para que el valore o teu caso.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.