Moitas grazas
Moitas grazas, é posible que non vira a perda de seme tras comprobalo?
19-03-2013
Se empregaches o preservativo durante toda a penetración, retiraches o pene tras exacular, antes de perder a erección, e logo comprobaches se o preservativo tiña algunha rotura, por exemplo, facendo un nó e vendo se había perda non existen probabilidades de que o seme entrara en contacto ca vaxina.
Polas preguntas que realizas parécenos que tes certa desconfianza co uso e efectividade do preservativo e a posibilidade de que poida romper durante a penetración, se é así, para que te sintas máis seguro e poidas desfrutar máis nas relacións sexuais sería recomendable que probases outro tipo preservativos (por exemplo, máis grosos ou de maior resistencia) que dean maior seguridade.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra.
As grazas temos que dárvolas nós a vós por depositar a vosa confianza na nosa asociación. Xa que un dos fins principais polo que decidimos poñer en marcha a web foi o que precisamente comentas, poder dar información específica para cada caso e resolver dúbidas concretas.