Duda

Ola María, vai facer un ano que empecei ca píldora e unha pregunta, a píldora pode ocasionarche angustia?. E que non sei que me pasa que ultimamente sempre teño ganas de chorar e penso que meu mozo se esta aburrindo de min, pero todas as miñas amigas dinme que non por que me trata coma sempre, pero non sei síntome triste.

19-02-2015

Entre os efectos secundarios da píldora anticonceptiva están os cambios de humor. Estes xeralmente aparecen nos primeiros meses de toma da píldora e pasados os mesmos desaparecen. Pero non debemos esquecer que a píldora son hormonas sexuais e que vai depender da persoa a influencia que poidan ter no organismo esas hormonas, todas temos unha sensibilidade distinta.

Aínda que non é habitual pode ocorrer que ese cambio de humor poida ser debido á toma da píldora, pero tamén poden existir outras causas.

Houbo algún cambio recente na túa vida?, ás veces ante un cambio o corpo “responde” pasado ese momento ou estás a pasar pr unha situación que pode influír máis do que cres no teu estado de ánimo?. Este sería un bo momento para facer unha reflexión sobre as “ cousas” da túa vida, seguro que nun comezo saen as menos boas pero tamén tes un montón de cousas boas, só tes que “darlles luz”, deixarte querer polas persoas que están o teu redor e facer cousas que che fagan feliz, mímate. Todos/as temos nalgunha ocasión unha “mala época”, non debes preocuparte, o vaso está medio cheo, non medio baleiro.

De todos os xeitos se consideras que non houbo ningunha situación que poida ser o “responsable” dese cambio de humor, deberías acudir ó teu médico/a e comentarlle o que che está suceder para facer unha revisión de descartar posibles causas físicas que causas físicas ou valore se a combinación da píldora que estás a tomar é a máis axeitada para ti.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.