Importante

Ola María, sigo sendo a do outro día, e que estou moi preocupada. A regra o mes pasado veume o 27 de Xaneiro este mes tamén me ten que vir sobre eses días, pero e que teño medo de que a píldora non fixera efecto, por unha parte penso que é imposible, xa que a tomei unha hora despois de que pasara ese mal rato e ademais non estaba no meu ciclo menstrual máis fértil,xa que pasara unha semana de que se me fora a regra, estou un pouco obsesionada porque ata me vexo barriga e así. Espero que non sexa nada. Tamén quería comentarche que unha amiga miña foi a doutora de cabeceira e eu acompañeina e comenteille o meu caso e díxome iso que non me tiña que preocupar que a píldora do día despois esta para iso pero non sei. Espero que non teña tan mala sorte.

19-02-2014

Deberías tranquilizarte por que esta ansiedade e preocupación que tes pode facer que se che retrase a regra, co cal te porías aínda máis nerviosa. Como xa che comentamos anteriormente, no teu caso a pílula foi tomada correctamente e, ademais, a doutora ca que falaches comentouche o mesmo, que non tiñas motivos para preocuparte.

En canto, os “síntomas” que percibes, como o aumento da barriga, non poden ser debido a un embarazo xa que sería moi cedo para iso ocorrera. Mais ben será que estás “demasiado atenta” ó teu corpo “buscando” posibles síntomas dun embarazo e cando “buscamos” soemos buscar o que atopamos, xa que interpretamos cousas que noutras circunstancias serían normais ou pasarían desapercibidas como “indicadores” do “noso problema".

Tamén poderías facer unha proba de embarazo, para estar máis tranquila, sobre todo se tes algún retraso na regra, debido a situación de ansiedade pola que estás a pasar, e así sairías definitivamente de dúbidas. O test de embarazo pódese facer no médico/a de familia, comprando un test na farmacia (aínda que depende da marca o seu prezo pode rondar os 10 €) ou nos Centros de Planificación Familiar (o máis próximo a nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572). Para que o resultado da proba de embarazo sexa totalmente fiable recomendase facela 5 días despois da primeira falta da regra.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.