Duda

Boas María, mira teño 19 anos, fai 3 días tiven relacións sen protección con exaculación e todo. A regra tíñame que vir onte, no caso en que siga sen virme cando e o momento idóneo para facer un test de embarazo?

18-11-2015

Os test de embarazo analizan a presenza de hormonas nos ouriños, en concreto, buscan a presenza da hormona hCG (gonadotropina coriónica humana), a cal se atopa só no corpo das embarazadas. Por tanto, se se atopa este tipo de hormona nos ouriños, o resultado do test será positivo, pero se non se haxa, será negativo.

Esta hormona chega sangue entre sete e nove días despois da concepción. A partires dese momento os seus niveis comezan a aumentar rapidamente. As probas de embarazo actuais, xeralmente, son capaces de detectala nos ouriños ós 15 días da concepción.

Aínda que na práctica, recomendase esperar ata un par de días despois do retraso da menstruación para asegurar que hai unha cantidade suficientemente alta de hormona como para ser detectada. Pero, non é igual para mulleres con ciclos irregulares que naquelas que teñen ciclos irregulares, ás que se lle recomenda facelo ou repetilo unha semana despois da data prevista para a chegada da regra.

En canto, á hora para realizalo pódese facer a calquera hora do día, pero o ideal é facelo á primeira hora da mañá. Nos primeiros ouriños do día é onde se acumula a maior concentración da hormona hCG, polo que resultará máis fácil detectala. Non é aconsellable beber unha gran cantidade de líquido antes de realizar o test, posto que a concentración da hormona podería diluírse, reducindo así a fiabilidade.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.