Con canto tempo soledes responder as preguntas?

Porque hai tempo mandeivos unha pregunta e tardastes días en responder.

18-11-2015

Xeralmente, tentamos responder ca máxima brevidade posible. De feito, marcámonos a marxe entre 24 e 72 horas, pero en ocasións non nos é posible xa que por temos profesionais non podemos atender adecuadamente o servizo como nos gustaría. E tamén ás veces pode influír o día da semana, é dicir, se a pregunta se fai o venres pola tarde nós non a veriamos ata o luns á mañá.

Pedimos desculpas pola tardanza na resposta, pero como dixen anteriormente, tentamos responder ca máxima brevidade.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.