O preservativo usámolo desde o principio e comprobamos que non estivera pinchado despois do acto, e ademais exaculou fora da vaxina... e baixoume a regra como habitualmente e despois diso non mantiven relacións con penetración, podería estar embarazada?
18-10-2013
Polo que comentas non existe risco de embarazo, xa que o uso do preservativo foi o correcto, empregachedelo dende o comezo da penetración e logo, ademais, comprobachedes o seu estado. Se empregades o preservativo de xeito correcto, non é necesario exacular fora da vaxina, pero supoñemos que foi debido ó medo ante un embrazo non desexado.
A eficacia do preservativo, segundo as guías oficiais, e dun 98% se se emprega correctamente. Para reducir esta taxa de eficacia teórica, debida a defectos de fabricación, unha alternativa é o dobre método, que consiste no uso do preservativo por parte do home e dun método de eficacia alta na muller (como poden ser os métodos hormonais: pílula, parche, anel ou implante), así conséguese unha eficacia moi elevada asociada tanto a prevención de embarazos non desexados como á protección fronte ás ITS e o VIH/SIDA.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.