Boas María. ¿É verdade que se te masturbas, aumenta o pene?

18-06-2012

Non existe relación ningunha entre a masturbación e o tamaño do pene. Cando un home se masturba nese intre si que existe un aumento do tamaño e do grosor, xa que este está en erección, como ocorre con outras prácticas sexuais debido á excitación, pero a práctica da masturbación non inflúe no tamaño do pene, xa que isto vai depender de factores xenéticos e, no caso de rapaces novos, do ciclo de desenvolvemento puberal no que se atope.

É normal que cada home teña o seu propio ritmo de desenvolvemento. Algúns poden comezar a desenvolverse aos 9 anos, mentres que outros quizá non empecen até os 15 anos ou máis tarde. A idade á que un home comeza a crecer varía dun a outro. Todo depende do momento no que ingresa na puberdade e as súas hormonas comezan a facer o seu traballo.

O crecemento do tamaño do pene é só un dos aspectos da puberdade, que tamén inclúe outros cambios, como o crecemento da lanuxe no pube, o aumento de tamaño dos testículos, o desenvolvemento dos músculos e o "estirón". Os homes que ingresan na puberdade máis tarde case sempre alcanzan o nivel do resto; simplemente chegan á plena madurez un pouco despois.

Os penes teñen distintos tamaños, formas e cores. Estes trazos son hereditarios, do mesmo xeito que a cor dos ollos ou o tamaño dos pés, e non hai nada que un poida facer para cambialos. Máis aló do que poidas escoitar ou ler, non existen exercicios especiais, complementos ou dietas que poidan acelerar o proceso de crecemento ou cambiar o tamaño nun home. Ademais, do mesmo xeito que o que lle sucede cos pés, a un home pode parecerlle que o seu pene é máis pequeno porque a perspectiva é diferente cando uno mira cara abaixo E a diferenza no tamaño do pene entre os homes é moito menor cando están a ter unha erección que cando o pene está relaxado.

En relación á masturbación (o autoerotismo, a autoestimulación) é unha práctica sexual normal e saudable en calquera idade e, para moitas persoas novas , adoita ser unha das principais maneiras de empezar a experimentar, a descubrir sensacións pracenteiras, a satisfacer o desexo sexual...

Como todas as persoas non somos iguais, a masturbación é unha conduta sexual que para moitas pode ser agradable, pracenteira e satisfactoria, mentres que para outro/a non. Novamente, o importante é que cada persoa senta libre para elixir e experimentar ou non.

A masturbación, pode ser un excelente recurso para satisfacer o desexo aliviar a tensión sexual, proporcionarnos pracer , axudarnos a coñecer o noso corpo e as súas respostas, os nosos gustos e, se a vivimos positivamente, favorece a autoestima e os valores persoais e , ademais de ser unha maneira de querernos e gozar con vos mesmos/as. Tamén é unha práctica sexual que podemos compartir con outras persoas se nos apetece.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.