María teño 16, e teño unha dúbida. Mira eu estou tomando as pastillas anticonceptivas Yira,e ten un descanso de 7 días, o mes pasado remateinas un venres e claro tiven que volver a tomalas o seguinte venres.Pero este mes acabeinas hoxe un xoves... Está ben?E que eu pensaba que todos os meses tiña que acabalas o mesmo día, é dicir, o venres.
18-02-2016
Cometiches un erro á hora de tomalas, explico:
A píldora tomase durante 21 días, é dicir, 3 semanas e faise un descanso de1. Polo que, seguindo este ciclo, o primeiro comprimido de cada envase tomase o mesmo día da semana e de igual forma a última pastilla tamén será o mesmo día da semana, que será o día anterior o que comezamos.
Así que ó rematar un venres, tiñas que empezar o seguinte envase o sábado (empezaches a tomalas un sábado). Ó tomala un día antes remataches un día antes. Rematas os mesmos días e comezas os mesmos días : a partires de agora lembra: rematas un xoves pero comezas un venres.
Non te preocupes por acurtar o período de descanso, o risco sería aumentalo. De feito cando desexamos mudar os días da menstruación, sempre se fai acurtando o período de descanso.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.