Para quedar embarazada ten que correrse dentro non?, se no se corre non me quedo embarazada?. E que é a primeira vez e nunca falei con ninguén de sexo.

18-01-2016

Para que exista embarazo o óvulo ten que ser fecundado por un espermatozoide. Como?:

- Durante unha relación sexual na que se practique un coito vaxinal (introdución do pene na vaxina) sen utilizar adecuadamente un método anticonceptivo.

- Realizando a «marcha atrás» ou «coitus interruptus», xa que o líquido preseminal (líquido que sae do pene antes da exaculación) pode conter espermatozoides.

- Realizando prácticas de masturbación preto da abertura vaxinal, xa que existe posibilidade de que o seme se introduza na vaxina.

Polo que o preservativo emprégase dende o comezo da penetración.

En canto, á primeira vez lembra que todo o noso corpo nos pode procurar pracer. O sexo non debe reducirse só o coito, e moito menos debe ser os primeiros acercamentos o sexo teñamos. A relación con penetración é unha forma máis de comunicación sexual e afectiva da parella, pero nin é a máis importante nin a única, nin debe ser a “meta final” dunha relación sexual; xa que se nos centramos só na penetración estamos a perder un montón de sensacións que o noso corpo nos pode proporcionar.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.