Podería estar embarazada<!--[endif] -->

Ola, teño unha dubida, fai un mes e medio mantiven relacións con penetración e baixoume a regra, pero este mes a regra estáseme a retrasar 4 días e non sei si podería estar embarazada, o caso e que o preservativo non estaba furado... e agora teño a dúbida polo retraso do período... e non mantiven relacións desde o anterior período, poderías aclararme a dúbida?. Grazas de antemán!!

17-10-2013

Non é posible dar unha resposta concreta por que a única maneira de confirmar un embarazo é mediante unha proba específica. Pero, polo que comentas a posibilidade dun embarazo non desexado é baixa, pero tamén vai depender de se empregachedes o preservativo de xeito correcto: os erros máis frecuentes son non ter en conta as instrucións de uso ou non colocalo dende o primeiro momento da penetración.

En canto o retraso da regra pode ser debido a outras circunstancias, non só por estar embarazada. O ciclo menstrual pode verse afectado por múltiples factores coma cambios na alimentación e no ciclo sono-vixilia, situacións de ansiedade (por exemplo: se está nerviosa e preocupada ante a posibilidade dun embarazo), … Tamén pode ocorrer que os teus ciclos mentruais sexan irregulares normalmente. Se este tema é algo que che preocupa podes facer unha revisión xinecolóxica.

Sería recomendable que fixeras unha proba de embarazo para saír de dúbidas: pódese facer no médico/a de familia, comprando un test na farmacia (aínda que depende da marca o seu prezo pode rondar os 10 €) ou nos Centros de Planificación Familiar (o máis próximo a nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572).

Os test de embarazo miden o nivel de hormona hCG (gonadotropina coriónica humana) que comeza a segregarse cando ó ovulo fecundado implantase no útero (un óvulo fecundado tarda o redor de 7 días en baixar das Trompas de Falopio e chegar ó útero). Hai que ter en conta que a cantidade de hormona producida depende de cada muller, polo que algunhas mulleres poden detectar o embarazo antes que outras. Estímase que nos test de ouriños é posible detectala ó redor do día 14 despois da posible fecundación, pero isto vai depender da proba que se empregue, é máis fácil detectala nun test de sangre (ten que realizalo un médico/a).

Para que o resultado da proba de embarazo sexa totalmente fiable recomendase facela 5 días despois da primeira falta da regra.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.