Importante
Ola María, estou na semana de descanso , xa me baixou a regra e estes días estiven tomando ibuprofeno por que me doía a cabeza e algunhas molestias na garganta, e hoxe tiven relacións co meu mozo, inflúe algo a toma de ibuprofeno na semana de descanso en diminuír a eficacia da píldora na semana de descanso?
17-08-2015
Os analxésicos e antiflamatorios como o Ibuprofeno non diminúen a eficacia da píldora anticonceptiva. Os medicamentos que poden reducir a eficacia da píldora son determinados antibióticos. Podes estar tranquila.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.