Dúbida

Ola María, son a moza que che escribiu o domingo, o luns fun ao doutor e fíxome unha ecografía estaba todo limpo e díxome que esas manchas que tiven o sábado é da regra.

Agora unha pregunta que che quería facer, como che comentei estiven a tomar antibiótico e acabei as pastillas o mércores e o antibiótico sobre o venres, o efecto do antibiótico anula o efecto da píldora a semana de descanso?. Eu claro está que non vou facer nada por se acaso pero hoxe estivemos a xogar e tal e fixemos como o outro dia, penetración sobre, creo, que chegaría aos 2 minutos nada máis, hai risco de embarazo?

17-06-2014

Como xa che comentei anteriormente, os antibióticos poden (pero non todos) reducir algo a eficacia da píldora. Comentácheslle ó médico que estabas tomando un antibiótico?, por que el podería darche información sobre se o que estás a tomar interfire ou non na eficacia do anticonceptivo.

En xeral, os antibióticos poden permanecer no sistema por un tempo logo de que a persoa deixa de tomalos, así que sería recomendable que se tes relacións sexuais con penetración empregues durante unha semana, logo de deixar de tomalos, un método anticonceptivo de respaldo, como o preservativo. Ou tamén, podedes realizar outras prácticas sexuais, que non impliquen a penetración. Lembra que a sexualidade non só se centra nos órganos xenitais, xa que todo o noso corpo é sexuado o que implica que podemos obter pracer a través de calquera das súas partes.

De todos os xeitos, ca práctica sexual que mencionas non hai risco de embarazo.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.