Duda

Ola maria, eu deixin por dous meses a pildora pa descansar un poco de administrarlle ao corpor tanta hormona o primer dia n me baixou a regla empecin ee novi con ela e tomina todos os dias e aun hira axeitado pero as duas orimeras semanas coidinme con preservativo a terceira xa nn me coidin con preservatico pero tmpouco eyaculou dentro de min, teño algo de medo pero non e que si tomas ben a pildora desde o primer dia que estas cuberta?

17-05-2015

Os anticonceptivos poden ser empregados por moitos anos sen descanso e sen que se presenten efectos adversos. Polo que non é necesario o descanso da pastilla. A non ser que o propio especialista aconselle o contrario, algunhas das contraindicacións para a súa toma prolongada soen ser:

- Grandes fumadoras.

- Obesidade mórbida.

- Insuficiencia hepática.

- Enfermidades vasculares.

O risco de embarazo en presenza da toma de anticonceptivos orais é menor do 1% tomados correctamente, tamén é certo que a efectividade das pílulas van depender da disciplina da persoa na toma regular das mesmas, aínda que polo que nos contas,no teu caso si se fai correctamente.

De tódolos xeitos, si estiveches empregando nese tempo de descanso outro método alternativo (como comentas), cremos que podes estar tranquila xa que a partir dos 15 días do uso da pílula a ovulación xa está inhibida e pódense ter relacións sen outros métodos anticonceptivos.

Moitos fabricantes refiren que o efecto anticonceptivo xa está presente a partires do sétimo día do seu uso, pero a maioría dos especialistas prefiren duplicar ese lapso de tempo para unha maior seguridade.

E lembra que a pílula só cubre a aparición de embarazos non desexados para cubrir tamén as ETS hai que facer uso do preservativo.

Agardamos que a resposta axude a resolver as túas dúbidas de non ser así non dubides non dubides en volver a poñerte en contacto con nós.

Grazas.