Embarazo non desexado?

Quixera saber se miña moza esta embarazada... fíxeno con dous condóns e exaculei nun e comprobei que non estaba roto. Pero, sen embargo, a menstruación á miña moza chegoulle con dous días de retraso e foi mais curta que o habitual, podería estar embarazada?. Grazas.

17-03-2013

Ca información que nos facilitas é difícil dar unha resposta precisa, xa que non entendemos se empregaches dous preservativos á vez ou se cambiaches de preservativo durante a relación sexual:

- Se os empregaches ó mesmo tempo a fricción dun co outro durante a penetración aumenta as posibilidades de que se rompan, polo que sempre se debe usar un de cada vez. Se a posibilidade de que se rompan é algo que che preocupa poderías optar por preservativos de máis grosor.

- Se cambiaches de preservativo durante a penetración vai depender de se o tiveches colocado durante toda a penetración ou se houbo momentos nos que a penetración foi sen preservativo. O preservativo débese empregar durante toda a penetración, xa que o líquido preseminal que se expulsa antes da exaculación pode conter espermatozoides, e polo tanto, existir risco de embrazo.

E relación o retraso e menor duración da menstruación pódense deber a moitos factores, sobre todo en rapazas novas, como, por exemplo: cambios na alimentación e no ciclo sono-vixilia ou situacións de ansiedade, .. (como pode estar ocorrendo nesta situación).

Para unha maior seguridade sería recomendable facer una proba de embarazo: pódese facer no médico/a de familia, comprando un test na farmacia (aínda que depende da marca o seu prezo pode rondar os 10 €) ou nos Centros de Planificación Familiar (o máis próximo a nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572).

Os test de embarazo miden o nivel de hormona hCG (gonadotropina coriónica humana) que comeza a segregarse cando ó ovulo fecundado implantase no útero (un óvulo fecundado tarda o redor de 7 días en baixar das Trompas de Falopio e chegar ó útero). Hai que ter en conta que a cantidade de hormona producida depende de cada muller, polo que algunhas mulleres poden detectar o embrazo antes que outras. Estímase que nos test de ouriños é posible detectala ó redor do día 14 despois da posible fecundación, pero isto vai depender da proba que se empregue, é máis fácil detectala nun test de sangre (ten que realizalo un médico/a). Para que o resultado sexa totalmente fiable recomendase facela proba 5 días despois da primeira falta da regra.

Algo importante que debes ter en conta cando se manteñen relacións sexuais con penetración e empregamos o preservativo, débese empregar un de cada vez e durante toda a penetración. Lembrar, tamén, que o preservativo é o único método que prevén tanto, de embarazos non desexados como de infeccións de transmisión sexual.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.