Podería estar embarazada?
Fai máis ou menos dous meses mantendo relación fallounos o preservativo e tomei a píldora do dia despois e esta semana baixoume a regra, podería estar embarazada?
16-12-2013
A eficacia da pílula do día despois vai depender depende do momento do ciclo menstrual no que se atope a muller e do lapso de tempo dende a práctica sexual ata a súa toma. Débese tomar dentro das 72 horas (3 días) seguintes á relación de risco, tendo en conta que a eficacia vai diminuíndo a medida que van avanzando as 72 horas; canto antes de tome o tratamento, máis efectivo é (a eficacia nas primeiras 24 horas está entre un 75% e un 95 % e esta diminúe un 0.5% cada 12 horas).
Tamén hai que ter en conta se se tomou correctamente, é dicir, se hai diarreas ou vómitos nas dúas horas posteriores á toma da pílula, débese tomar outra.
Logo de tomar a pílula do día despois pode existir algún retraso no ciclo menstrual, pero no momento que baixe a regra pódese ter a seguridade que a pílula funcionou.
De todos os xeitos, como mencionamos antes, non ten unha eficacia do 100%, así que se queres estar máis segura e tranquila podes facer un test de embarazo.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.