Como lle podo explicar a miña nai que xa tiven relacións sexuais?
16-11-2015
Ninguén mellor ca ti sabe como dicirllo, xa que coñeces a túa nai e como poder dicirlle certas cousas e as relacións sexuais non é un tema diferente. Tamén depender se se é un tema do que xa teñades falado con anterioridade e do tipo de relación de confianza que tendes.
Expor cuestións delicadas pode parecer difícil, pero ás veces os pais/nais a coñecen máis aos seus fillos/as do que estes/as cren. Se sentaches ben as bases duns bos hábitos de comunicación pode ter máis fácil á hora de falar sobre temas delicados.
A continuación propoñémosche algunhas estratexias para expor unha cuestión delicada, como a que planteas:
- Planifica o que queres dicir con antelación. Reflexionar sobre o que che preocupa antes de iniciar a conversación ou anotar as ideas principais axudarache a levar mellor a conversación. Anota as tres cosas máis importantes que queres que saiba (moitas persoas utilizan esta técnica: é unha boa forma de establecer prioridades e focalizar a conversación no máis importante). Tamén pode irche ben pensar en como podería reaccionar e reflexionar sobre que poderías responderlle ti.
- Indícalle con claridade que hai algo sobre o que che gustaría falar. Para asegurarte de que che vai a dedicar toda a súa atención, utiliza unha linguaxe directa. Dille: "Teño que falarche sobre algo importante" no canto de: "Cando teñas un momento, gustaríame falar contigo". Por descontado, se o tema sobre o que necesitas falar é urxente, deberás tratalo canto antes. Prepáraa antes da conversación dicíndolle que necesitas que preste atención a un tema urxente.
- Elixe un bo momento para falar. Tenta iniciar a conversación cando saibas que está pouco ocupada e pode concentrarse na conversa. Até podes pedirlle que se reserve unha hora para falar cando lles vaia ben a fin de asegurarche de que che dedicará toda a súa atención.
- Escríbeo. Algunhas persoas atopan máis fácil escribir as súas ideas en forma de carta. Deixa que a túa nai lea a carta e despois mantén con ela a conversa.
Pode ocorrer que nun comezo a súa reacción non sexa a que máis che gustaría, xa que para un pai/nai ás veces non é fácil aceptar que os nosos fillos/as teñen sexualidade pero ten presente que o que máis lle importa a un pai/nai e o benestar do seus fillos/as, permítelles que che demostren o seu apoio. Falando con eles e explicándolles o que che pasa e estar a sentir poderán entenderte e, así, tamén fortalecer a vosa relación.
Non debes ter vergoña, a sexualidade é algo intrínseco a todas as persoas. Sentir desexo e sentir pracer son sentimentos normais é saudables. Pódense vivir con maior ou menor intensidade e podemos decidir satisfacelos a través de diversas condutas sexuais, con outras persoas ou con nós mesmos/as. O que non podemos é anulalo ou facer que desapareza. Por iso é importante vivilo e expresalo con respecto,liberdade e naturalidade, para que non sexa causa de malestar.
Tamén pode ocorrer que existan discrepancias nos vosos puntos de vista. Se isto ocorre algúns consellos para discrepar de forma construtiva:
- Non personalices. Se te alteras, tenta lembrar que o que che saca de quicio é a idea ou concepto que defende, non a persoa en si.
- Evita desprezar as súas ideas e crenzas. No canto de dicir: "Iso é unha estupidez" dille: "Non estou de acordo porque..."
- Utiliza frases que empecen por "Eu" para comunicar como che sentes, que opinas e que queres ou necesitas. As frases que empezan con "ti" pode parecer que buscan o enfrontamento.
- Escoita o outro punto de vista. Así será máis probable que escoite o teu.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.